lunes. 18.01.2021 |
El tiempo
lunes. 18.01.2021
El tiempo

Hijos de Rivera afirma que a Estrella Galicia vaille "menos mal" que aos seus competidores

Julio Abalde (esquerda) e Ignacio Rivera (dereita). EFE
Julio Abalde (esquerda) e Ignacio Rivera (dereita). EFE
A firma logrou sobrevivir ao confinamento sen recorrer aos ERTE

O conselleiro delegado de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, recoñeceu que a Estrella Galicia vaille "menos mal" que aos seus competidores pola pandemia de coronavirus. Así o dixo na conferencia inaugural do curso da Facultade de Economía e Empresa da Universidade de A Coruña (UDC), onde o directivo admitiu que a empresa está "a sufrir" pero cre que o impacto é menor que no resto de empresas do sector cervexeiro. 

Durante a súa charla, Rivera afirmou que hai sectores como o da hostalería que están a acusar máis a crise sanitaria e económica e recoñeceu que lles inflúe", pero é optimista con respecto aos resultados da compañía. "Estamos a sufrir, pero depende de con quen nos comparemos", alegou, cualificando 2021 de ano "complexo". "Temos virus para longo", engadiu. 

"É o que toca, temos que seguir pelexando con alegría", expuxo ante os estudantes, aos que indicou que a empresa triplicou as vendas con respecto á última década. Rivera enorgulleceuse de que Estrella Galicia actuase de "escudo" durante o confinamento, sen aplicar ERTE e "axudando" aos establecementos hostaleiros. 

Ao acto de apertura do curso acudiron tamén o reitor da UDC, Julio Abalde, o decano da facultade, Manuel Gómez Suárez e o director da Cátedra Fillos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, o profesor da UDC, Ángel Fernández Castro. 

Hijos de Rivera afirma que a Estrella Galicia vaille "menos mal"...
comentarios