Controlado o incendio de Monterrei no que o domingo faleceu un piloto de helicóptero

O incendio de Monterrei (Ourense) no que este domingo faleceu o piloto dunha avioneta que traballaba nas tarefas de extinción, quedou controlado esta noite tras afectar a unhas 170 hectáreas.

Por outra banda, permanecen activos dous incendios forestais rexistrados nos municipios ourensáns de Viana do Bolo e A Mezquita mantéñense activos e afectan entre os dous a unhas 40 hectáreas, mentres se controlou un terceiro lume en Vilariño de Conso que queimou outras 20.

O incendio en Viana do Bolo comezou ás 16:00 horas deste luns e mantense activo. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas e na súa extinción participan numerosos medios aéreos: cinco avións e catro helicópteros.

Á mesma superficie afecta o lume rexistrado na Mezquita, onde traballan tres brigadas e unha motobomba. Comezou ás 4:30 horas deste luns e tamén segue activo.

Na parroquia de Chaguazoso, en Vilariño de Conso, empezou un lume sobre as 14:05 horas deste luns que quedou controlado esta tarde. A superficie afectada é doutras 20 hectáreas.

Mentres, permanecen controlados outros lumes en de Vilar de Barrio, Oimbra, Viana do Bolo, Chandrexa de Queixa, A Mezquita e Guntín, este último na provincia de Lugo.

Comentarios