Controlado o incendio que arrasou 20 hectáreas en Concello de Melón

A Consellería de Medio Rural considera controlado un incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Melón, que queimou unhas 20 hectáreas.

O departamento da Xunta informou nun comunicado de que o lume se iniciou na parroquia de Quins ás 22:30 horas de onte á noite e quedou controlado ás 08:28 horas desta mañá.

Nos traballos de extinción participaron un técnico, tres axentes forestais, catro brigadas e unha motobomba.

Comentarios