Extinguido un incendio forestal en Melón tras queimar 20 hectáreas

O lume orixinouse na parroquia de Quins, onde o pasado día 21 arderon máis de 150 hectáreas de terreo

O incendio que afecta á parroquia de Quins, no municipio ourensán de Melón, quedou extinguido ás 18.41 horas deste domingo, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

O incendio forestal rexistrado no municipio ourensán foi controlado este domingo uns minutos logo das 16.00 horas.

A Consellería do Medio Rural da Xunta informa de que o lume arrincou ás 1.14 horas na parroquia de Quins, a mesma que o pasado día 21 viu arrasadas 111 hectáreas de monte raso e 48,77 de monte arboledo. O incendio afectou a vinte hectáreas.

Traballaron na súa extinción cinco axentes, nove brigadas, oito motobombas e unha pa, entre os que están dous Grupos de Urxencias Supramunicipais. 

Comentarios