"Un bólido cósmico"

O obxecto incandescente avistado desde varios puntos de Galicia podería ser "un bólido cósmico"

Tamén foi visto desde outros puntos de España. En Taboada, onde unha muller dixo que caera nun prado, non acharon restos

O 112 atendeu a última hora do xoves varias chamadas informando da presenza dun corpo incandescente no ceo. Unha delas chegou desde o municipio lucense de Taboada, onde a Garda Civil non achou "ningún rastro de meteorito". A inspección, desde primeira hora da mañá, centrouse na parroquia de Toldaos. 

E é que a diferenza doutros puntos de Galicia onde tamén se produciu o avistamento –Vigo, Oroso ou Allariz–, en Taboada advertiuse da presenza de "fume". Con todo, os investigadores vincúlano coa intensa néboa. Na provincia de Lugo tamén foi visto en lugares como Sarria ou Triacastela.

O alcalde de Taboada, Ramiro Moure, precisou que foi unha veciña de Toldaos a que comunicou que avistara "unha luz que se difuminaba e que caía preto dunha leira á beira da súa casa". Foi sobre as 20.30 horas do xoves, segundo relata Moure, cando a muller alertou ao 112 e, xa coa presenza da Garda Civil na parroquia, "como era de noite non localizaron nada". "Había na zona fume, como uns gases que atacaban á respiración", puntualizou.

O rexedor sinalou que se deixou para este venres o rastrexo. A Garda Civil ha recalcado que non se observou "ningún vestixio" da presenza de ningún meteorito despois de que regresase ao lugar unha patrulla ao longo da mañá.


Comentarios