Marta Míguez, confirmada como nova secretaria xeral para o Deporte

A Xunta aproba os orzamentos nun Consello no que tamén foron designadas Patricia Argerey e Fabiola García para dirixir a Axencia Galega de Innovación e Maiores respectivamente
Marta Miguez
photo_camera Marta Miguez

O Consello da Xunta deste venres trouxo novidades nalgúns cargos autonómicos tras o nomeamento de Patricia Argerey Vilar, Fabiola García e Marta Míguez.

A lucense Patricia Argerey farase cargo da Axencia Galega de Innovación, mentres que a tamén lucense Coro Piñeiro cede o seu posto de directora xeral de Maiores en favor de Fabiola García.

Para rematar, e como se rumoreou nas últimas horas, o Consello confirmou que a exatleta Marta Míguez será a encargada de dirixir a Secretaría Xeral para o Deporte en substitución de José Ramón Lete Lasa, actual Secretario de Estado para o Deporte.

ORZAMENTO. O Goberno galego aprobou este venres tamén o anteproxecto de lei de orzamentos para 2017 no que decidiu esgotar o teito de gasto, polo que o próximo ano o gasto non financeiro chegará a 9.063 millóns de euros, un 2,9 por cento máis que o ano anterior.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou en conferencia de prensa, xunto co conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, o texto que este mesmo sábado entrará no Parlamento para comezar a súa tramitación.

"Galicia vai seguir prosperando con estas contas e será un crecemento ordenado, sólido e sostible", asegurou Núñez Feijóo.

Comentarios