Segunda vítima mortal polo atropelo á saída dun tanatorio en Monforte

A falecida, de 62 anos, era familiar do home morto o luns, cando ambos foron arroiados por un turismo

O atropelo que tivo lugar na noite do luns á saída dun tanatorio en Monfrote de Lemos, cobrouse este martes á súa segunda vítima mortal, unha muller de 62 anos de idade, Teresa Vázquez, consuegra do home falecido ao instante tras, tanto el como ela, ser arroiados por un turismo.

A segunda vítima, residente no pobo sarrián de Vilaverde, foi trasladada ao hospital de Monfote tras o atropelo e atopábase moi grave, polo que posteriormente foi derivada ao Hula.

O condutor do vehículo que embistió fatalmente ao veciño do Incio e ao seu consuegra de Sarria, un home de 65 anos residente no Saviñao, indicou que a intensa choiva e a escasa visibilidade impedíronlle ver ás dúas persoas que atravesaban a calzada logo de saír dun tanatorio de darlle o pésame a uns achegados.

Máis información na edición impresa deste mércores

Comentarios