A Coruña pecha de novo as súas praias pola aparición masiva de medusas

Medusas nunha praia de A Coruña. CONCELLO DE A CORUÑA
photo_camera Medusas nunha praia da Coruña. CONCELLO DA CoruÑA

O Concello da Coruña decretou o peche de todos os areais do municipio ante a aparición masiva de carabelas portuguesas, un tipo de medusa moi tóxica. 

Trátase do segundo episodio deste tipo no último mes e medio. A principios de xaneiro, os municipios da área coruñesa e tamén de Ferrol víronse obrigados a pechar o acceso ás súas praias pola chegada á costa deste tipo de medusas. 

Deste xeito, o goberno herculina prohbie o paseo polos areais e advirte á poboación da alta toxicidade desta especie tanto para humanos como para as súas mascotas. 

Comentarios