Os cribados semanais ao persoal de residencias serán con test de saliva

A conselleira de Política Social avanza que se farán auditorías nos centros cada 15 días 
 
Los conselleiros de Sanidade y Política Social. LAVANDEIRA JR
photo_camera Os conselleiros de Sanidade e Política Social. LAVANDEIRA JR

As residencias de maiores e de dependencia de Galicia terán cribados semanais para o seu persoal, o que supón "duplicar a frecuencia", en palabras da conselleira de Política Social, Fabiola García, coa que xa viñan facendo este tipo de probas para controlar o virus nos centros sociosanitarios. 

Estas probas ao persoal realizaranse co test de saliva, como viña facendo, pero tamén se completará nalgúns casos cunha PCR, que se irán facendo de forma aleatoria na rede de residencias que hai por toda a xeografía galega. 

Na rolda de prensa posterior ao subcomité clínico celebrado este venres, Fabiola García e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, deron a coñecer algúns detalles deste plan, despois de que xa se realizaron tres roldas de PCR con saliva nestes centros, que ata agora eran cada 15 días.

Comesaña tamén se referiu á incorporación do test de antígenos –a Xunta vén de anunciar a compra de ata 2,7 millóns máis dos 300.000– para os casos asintomáticos en todas as residencias. De feito, empregaranse de forma aleatoria en determinados centros para comparar os resultados co test de saliva. 

Ademais, levará a cabo un cribado adicional mediante PCR con toma de mostra nasofarínxea nas chamadas residencias brancas, é dicir, naquelas nas que non se produciu ningún caso positivo. 

Na súa intervención, o titular de Sanidade recordou que os test de antíxenos súmanse agora ás residencias logo de implementarse en urxencias, primeiro, e despois en atención primaria, nas consultas, o que permite cando hai síntomas compatibles realizar o test canto antes. 

Ademais das probas semanais, cando un traballador se incorpore dun período de descanso ou unha baixa laboral, aínda que non corresponda o cribado, tamén se lle efectuará a proba, para dar as máximas garantías.

"DUPLICAR A FRECUENCIA". Pola súa banda, Fabiola García destacou que o que ser fará é "duplicar a frecuencia" para detectar os primeiros síntomas e, ademais, a consellería fará auditorías" cada dúas semanas comprobar que se están cumprindo "todos os protocolos" de seguridade e se seguen as medidas sanitarias "con rigor". 

A titular de Sanidade especificou que, deste xeito, a administración autonómica "vai percorrer" as residencias de Galicia cada dúas semanas para esa análise do cumprimento da normativa vixente nos servizos sanitarios e sociais, á vez que seguirá facendo envíos" de material para as residencias. 

O obxectivo, dixo a conselleira de Política Social, é "minimizar ao máximo os riscos de que a covid-19 entre nas residencias". 

A preguntas dos xornalistas sobre se está en estudo algunha residencia para ser intervida, Fabiola García defendeu que estas intervencións se realizan cando xurde un brote e os criterios clínicos e sociais o aconsellan, polo que se analizan de forma concreta. Tamén indicou que os traslados ás residencias integradas réxense "por criterios clínicos exclusivamente" para "coidar e sacar adiante" aos maiores. 

Comentarios