A defensa do condenado polo crime machista de Narón alega falta de probas e pide a súa absolución

O fillo do procesado cre que o recurso busca "facer máis dano" e a filla pon en dúbida que sexa culpable
El acusado de matar a su mujer en Narón alega falta de pruebas y pide su absolución
photo_camera El acusado de matar a su mujer en Narón alega falta de pruebas y pide su absolución

A defensa de Juan Fraga Allegue, o home condenado polo asasinato da súa muller en decembro de 2015 en Narón, alegou falta de probas e ausencia de motivación no veredicto do xurado para pedir a absolución do seu cliente, na vista de apelación celebrada na Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

En caso de non estimarse, considera que os feitos deben declararse homicidio ou aplicarse unha rebaixa da condena de 20 anos de cárcere que se lle impuxo ao seu defendido.

Pola contra, a Fiscalía e as demais acusacións, a popular, exercida pola Xunta, e a dun dos seus fillos, reclaman que se manteña a condena, na que se aplicou o agravante de parentesco.

Así, o Ministerio Público negou que se vulnerase o principio de presunción de inocencia, como sostivo a defensa, ou que o veredicto do xurado non estivese motivado.  Ademais, remitiuse ás probas testificais, aos forenses e aos documentais achegadas no xuízo, celebrado na Audiencia Provincial da Coruña, para rexeitar unha suposta falta de probas. Na mesma liña, considerou acreditado que o acusado se limpou o sangue tras, segundo considerou probado o xurado, matar á súa muller.

A defensa sostivo, con todo, na súa intervención, que houbo unha "ausencia total de probas" para condenar ao seu cliente. Tamén xustificou as contradicións no seu relato dos feitos que, segundo as acusacións, fixo o procesado. "Ninguén declara exactamente o mesmo en dúas ocasións", apostilou.

ARGUMENTOS DOS FILLOS. Antes de comezar a vista de apelación, o fillo do procesado, Juan Fraga, considerou que no xuízo quedou "todo demostrado" e lamentou que se presentase o recurso. Con el, dixo que se busca "facer máis dano á familia".

Pola contra, a súa irmá, Montserrat Fraga, que no xuízo apoiou ao seu pai, manifestou que busca que se saiba o que pasou o día da morte da súa nai. "Non sei se o meu pai está en Teixeiro xusta ou inxustamente", engadiu sobre a prisión na que está encarcerado.

CONDENA. De conformidade co veredicto do xurado, a sentenza considerou probado que o acusado, quen padecía ludopatía, agrediu á súa esposa seguindo un plan premeditado cando a muller se atopaba sentada na cama. En concreto, sostivo que lle propinou "golpes violentos na cara" desde atrás e, tras aparvala, "deulle diversos cortes cun coitelo moi afiado", o que lle provocou a morte.

Segundo consta na resolución, tras o crime, o acusado "desordenou a habitación contigua ao dormitorio e colleu nela algunhas xoias que gardou baixo unha alfombrilla do seu vehículo para simular un roubo".

O maxistrado tivo en conta á hora de fixar a pena, a circunstancia agravante de parentesco. Ademais, intégrase este asasinato, segundo indica, "na chamada violencia de xénero, circunstancia de extraordinaria gravidade".

Comentarios