Libera denuncia que un tiroteo acabou coa vida dun can en Santa Comba

Os propietarios do animal denunciaron os feitos ante a Garda Civil
Balas. PIXABAY
photo_camera Balas. PIXABAY

A Asociación Animalista Libera denunciou este sábado que un tiroteo que tivo lugar en Santa Comba (A Coruña) acabou coa vida dun can. O suceso, informa o colectivo, ocorreu o pasado venres 19 na parroquia de San Salvador e o animal faleceu por mor da gravidade do disparo, sendo trasladado a unha clínica veterinaria onde se realizaron varias probas.

Os propietarios do animal denunciaron o suceso ante a Garda Civil. Os animalistas advertiron sobre a proliferación de ataques a animais con armas de fogo, como "os malos tratos" a un gato que coidaba a comunidade escolar do CIP Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, que perdeu un ollo por un disparo.

A familia púxose en contacto coa ONG, que recomendou denunciar o caso co maior número de probas posible.

Comentarios