Desaloxada en Ourense a Axencia Tributaria ao caer un falso teito

Ningunha persoa resultou ferida pero tivo que interromperse o servizo

Os funcionarios da delegación da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) en Ourense foron desaloxados este venres tras precipitarse un falso teito, pero non houbo persoas feridas.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Facenda, os feitos sucederon á primeira hora da mañá cando se desprendeu parte do falso teito nas instalacións da Atriga en Ourense, que "non son propiedade da Xunta".

As mesmas fontes puntualizaron que non se produciron danos persoais" e aplicouse o "protocolo de seguridade habitual nestas ocasións". Por iso, a delegación da Atriga en Ourense ha "interumpido o servizo" e desaloxado aos funcionarios, segundo concretaron as mesmas fontes, mentres o Servizo de Arquitectos da Xunta "avalía os riscos".

Comentarios