Desaloxado un edificio de Ferrol ao desprenderse cascotes da súa fachada

Trátase do número 11 da rúa Sánchez Calviño, un edificio de cinco plantas no que viven cinco adultos e un menor

A Concellaría de Urbanismo levou a cabo a última hora da tarde do martes tarde o desaloxo do inmoble número 11 da rúa Sánchez Calviño que consta de planta baixa e cinco pisos.

A medida é unha precaución tomada debido á caída de cascotes.

Tras recibir o aviso da caída de cascallos, Bombeiros, Policía Local e Protección Civil, así como dous técnicos de Urbanismo, desprazáronse ata o lugar, onde constataron a existencia de gretas en diferents puntas da fachada.

Procedeuse entón ao desaloxo do edificio. Entre os veciños había cinco adultos e un menor, que non tiñan onde aloxarse, polo que de forma provisional pasarán a noite no Hostal América. Outra das inquilinas, unha muller de avanzada idade e con problemas de Alzheimer, foi desaloxada cun vehículo adaptado ás súas necesidades.

A Concellaría de Urbanismo elaborará o informe pertinente sobre o estado no que se atopa o inmoble para determinar as actuacións necesarias de face a solucionar este incidente.

Comentarios