Unha festa de aniversario nun local de Ribeira obrigou a Policía Local a desaloxar a unha trintena de persoas, a maioría menores de idade.
Os axentes, que recibiron o aviso alertando da reunión ilegal sobre as 18.00 horas, achegáronse ata o local, un antigo pub que leva meses pechado, e identificaron a 24 dos presentes, dos cales 23 eran menores de idade, polo que tiveron que avisar aos seus pais.