Desarticulan un centro de cultivo e empaquetado de Marihuana en Mañón

Atopábase instalado clandestinamente nunha vivenda da localidade coruñesa

Un edificio dedicado integralmente como factoría para producir e envasar marihuana foi desmantelado no municipio coruñés de Mañón, informou este luns a Policía.

Trátase dun inmoble dedicado desde a plantación de marihuana en diversas etapas ata o envasado para a súa venda, polo que a casa estaba adaptada "exclusivamente para ese fin", segundo a Policía.

O edificio estaba dividido "en diferentes zonas para o cultivo, segundo as fases de crecemento da planta, o que lles permitía dispor de produto durante todo o ano", indica un comunicado.

A casa "atopábase illada" e tiña "un sistema automático de rega, de iluminación programada e de extracción, todo iso oculto no inmoble", polo que a actividade pasaba "desapercibida aos veciños da zona".

Os axentes que interviñeron na operación, supervisada polo Xulgado número 1 de Ortigueira, incautáronse de máis dun centenar de plantas de marihuana, así como de cogollos "embalados e empaquetados" desa droga.

Ademais, acharon unha báscula de precisión para pesar a droga e útiles para cultivo e empaquetado de sustancias estupefacientes.

Comentarios