sábado. 27.02.2021 |
El tiempo
sábado. 27.02.2021
El tiempo

Descarrila un tren entre Betanzos e Oza-Cesuras, un accidente sen feridos

Un tren Alvia.AEP
Un tren Alvia.AEP
Descoñécense polo de agora as causas do suceso

Un tren que facía o traxecto entre A Coruña e Monforte de Lemos descarrilou este luns entre as estacións de Betanzos Infesta e Oza-Cesuras, pero ningunha persoa resultou ferida, informan a Efe fontes de Renfe.

O incidente tivo lugar ás 20.20 horas desta tarde, cando se saíu das vías o primeiro coche do tren, que transportaba a 17 pasaxeiros, xunto ao maquinista e o interventor.

O ferrocarril saíu da Coruña ás 19.35 horas e tiña programada a súa chegada a Monforte ás 22.33 horas. Neste momento, os pasaxeiros esperan no lugar do sinistro a que chegue o autobús que os transportará por estrada.

Ademais, segundo indica a mesma fonte, descoñécense polo de agora as causas do descarrilamento.

Segundo publicou Adif na súa conta de Twitter, a circulación atópase interrompida entre Oza dos Ríos e Betanzos Infesta pola incidencia. 

Descarrila un tren entre Betanzos e Oza-Cesuras, un accidente sen...
comentarios
ç