domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Desconvocada a folga do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Protesta dun grupo de traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. EP
Protesta dun grupo de traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. EP
Tras acadar un principio de acordo, as partes farán reunións quincenais para tentar avanzar nunha solución á "temporalidade estrutural"

O sindicato CNT confirmou a desconvocatoria da folga prevista a partir do 6 de setembro entre as traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, após alcanzarse un principio de acordo coa administración, e despois das negociacións dos últimos días.

Segundo comunicou a central, este principio de acordo foi apoiado pola asemblea de afiliados e afiliadas, e contempla que o Consorcio "se compromete a negociar de boa fe, mediante reunións periódicas", as propostas para solucionar a "temporalidade estrutural" neste servizo. A primeira das reunións terá lugar o vindeiro 15 de setembro.

O comité trasladou a súa disposición a desconvocar a folga "para dar tempo a negociar propostas", aínda que advertiu de que a medida é "temporal" e non se descarta retomar o paro se non se obtén unha solución.

As propostas que se realizarán "terán en conta a totalidade da normativa e non se vinculan a ningunha eventual norma futura", matizaron fontes da CNT, en alusión ás previsibles emendas á reforma do Estatuto Básico do Empregado Público. Así, a primeira proposta é a consideración de persoal a extinguir, sen prexuízo doutras posibles vías de solución.

TEMPORALIDADE "EXCEPCIONAL". O sindicato sinalou que o acordo implica que o Consorcio "recoñece" que a "masiva temporalidade" do seu persoal é "excepcional" e as solucións, por tanto, deben ter en conta esa excepcionalidade con respecto doutros entes ou servizos públicos.

Por outra banda, recoñécese que a legalidade e a normativa actuais "poden ser suficientes para atopar estas solucións excepcionais", polo que calquera acordo que "repare" esa temporalidade queda desvinculado de posibles modificacións legais futuras.

En terceiro lugar, a sección sindical da CNT "se reserva exercitar en calquera momento o seu dereito a unha nova folga se as negocaciones non avanzan cara a unha solución real e ampla para todo o persoal", que se atopa "en situación de fraude de lei e abuso de temporalidade".

Así, na primeira reunión (o 15 de setembro), as partes abordarán a figura do persoal a extinguir, a súa viabilidade técnica e legal e o alcance da súa eventual aplicación ao Consorcio, "sen prexuízo de explorar outras alternativas e as seguintes reunións".

PARALIZADA A CONVOCATORIA DE PRAZAS. Por outra banda, quedou paraliza a convocatoria de prazas do Consrocio incluídas na Oferta Pública de Emprego de 2020, aínda que a CNT considera que esa paralización debería estenderse "a todos os procesos pendentes que afectan o persoal público emporal en fraude".

O sindicato aposta por frear esas convocatorias "mentres non se aclare a lexislación a aplicar e non se exploren solucións excepcionais" ante o "masivo abuso da temporalidade" que afecta ao emprego público en Galicia.

Finalmente, a CNT trasladou que este principio de acordo é "un primeiro paso", aínda que alertaron sobre o risco de que sexa "un pacto baleiro e sen efecto" polo que chamaron a "continuar coas mobilizacións".

Desconvocada a folga do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e...
comentarios
ç