Desestimado o recurso das tres empresas de Monbus contra o concurso do bus urbano

O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais emitiu unha resolución na que desestima os recursos interpostos por tres empresas do grupo Monbus -actual concesionaria do servizo de buses urbanos- contra o prego de xestión do transporte urbano de Lugo, o documento aprobado para proceder á adxudicación deste servizo público.

A concelleira de Economía, Sonia Méndez, informou en rolda de prensa de que o Concello de Lugo acaba de recibir esa resolución, o que lle permitirá seguir adiante co proceso para adxudicar o servizo de transporte público na cidade, paralizado como consecuencia deses recursos.

En calquera caso, tamén precisou que aínda cabe interpor recurso contencioso-administrativo contra o prego de condicións, pero espera que as empresas desistan de manterse na vía xudicial para que "non se dilate máis o procedemento".

En canto á resolución, afirmou que é "moi contundente" e supón unha "lombeirada", porque vén dicir que "os funcionarios e o Concello de Lugo traballan ben".

Comentarios