Desprazan dez metros a popa do Blue Star no seu primeiro intento de remolque

As condicións do mar foron menos adversas do que se tiña inicialmente previsto.
Primer intento de remolque del Blue Star. KIKO DELGADO (EFE)
photo_camera Primeiro intento de remolque do Blue Star. KIKO DELGADO (EFE)

Os remolcadores mobilizados en Ares para o primeiro intento de remolque do Blue Star, quimiqueiro que encallou na zona o pasado 24 de novembro, lograron este luns que a súa popa se desprazara ao redor de 10 metros, confirmaron a Efe fontes do despregamento.

As tarefas iniciáronse ao fío das 14:00 horas, minutos antes dunha preamar, para que a ondada favorecese o seu desenvolvemento. Con todo, as condicións do mar foron menos adversas do que se tiña inicialmente previsto.

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, declarou na zona que o plan de rescate da firma Smit Salvage, encomendada pola armadora do quimiqueiro para este labor, "marca" que as preamares axudarán entre o 10 e o 15 de decembro. 

"Iniciaríanse os primeiros intentos, o barco moveuse de popa; abriu uns graos, é unha boa noticia", estimou o rexedor. En todo caso, observou que é "o primeiro día" e que as "mareas van a máis e as condicións van a mellor" para reflotar a unidade.

Preguntado por posibles novidades no rescate, evitou ofrecer "ningún prazo" e afirmou que se vai a intentar de xeito repetido".

"A primeira vez xa vimos que se moveu; se cadra é cuestión de días, de horas", declarou o alcalde aresano, que apostilou que ata o día 15 "hai prazo para actuar".

Os remolcadores Boka Pegassus e Union Princess dirixiron o traballo na franxa litoral das Mirandas, que se viu favorecido por unha xornada sen inclemencias meteorolóxicas destacables en terra. 

SEGUNDO INTENTO. O operativo de rescate realizará na madrugada deste martes, sobre as 2,46 horas, un segundo intento para tratar de desencallar o barco .

Comentarios