Deteñen a un mozo por violar a unha menor en Santiago

Está previsto que pase a disposición xudicial ao longo deste xoves

Coches de la Policía Nacional. DP
photo_camera Coches da Policía Nacional. DP

Un mozo de 18 de anos foi detido en Santiago de Compostela, tras ser acusado de agredir sexualmente a unha adolescente de 14 anos de idade, segundo informa a Televisión de Galicia. 

A moza foi quen se puxo en contacto coa Policía Nacional e, tras ser localizada en estado de shock, denunciou que o mozo a violora. 

Os axentes atoparon ao presunto agresor varias horas logo de producirse o aviso, na madrugada do pasado martes, e procederon á súa detención.

Está previsto que pase a disposición xudicial ao longo deste xoves.