Axentes da Policía Nacional detiveron na Coruña a un home reclamado polas autoridades suízas como autor dun delito de tráfico de drogas tras exercer de mula ao transportar cocaína no seu corpo.
Segundo informou a Policía Nacional, este individuo exercera de "mula" ao levar no interior do seu corpo un quilo de cocaína de España a Suíza. A viaxe realizouno o pasado mes de marzo deste ano en autobús e chegara á cidade de Berna.
O detido atópase no centro penal de Teixeiro & nbsp;espera de que se dean os requisitos legais para a súa entrega ás autoridades suzias
Unha vez alí, ao individuo esperáballe un coñecido comprador e vendedor de cocaína, que na actualidade tamén se atopa detido. Tras pasar a noite nun hotel de Berna e facerlle entrega da droga ao seu contacto, regresou a España en avión ao día seguinte. Por este feito, Suíza reclama a detención deste individuo mediante unha Orde Europea de Detención. O pasado día 4 de agosto, axentes da Policía Nacional procederon á súa detención.
Tras ela, o Xulgado Central de Instrución ordenou o seu ingreso no centro penal coruñés de Teixeiro, onde se atopa á espera de que se dean os requisitos legais para a súa entrega ás autoridades suízas. Nese país, asegura a Policía, espéralle unha pena de 20 anos de prisión.