Detido un home na Coruña por ter un taller furtivo para imprimir armas

A Policía interveu durante o operativo un subfusil, pezas de armas curtas, ballestas e unha catana
Una de las armas intervenidas. EP
photo_camera Una de las armas intervenidas. EP

Unha persoa foi detida por dispor dun taller furtivo de impresión de armas no seu domicilio da provincia da Coruña e tras a intervención dun subfusil case acabado, 3 impresoras 3D, pezas de armas curtas, así como ballestas e unha catana, cuxa tenencia está totalmente prohibida.

A operación foi levada a cabo por axentes especializados da Comisaría Xeral de Información, coa colaboración da Brigada Provincial de Información da Coruña e baixo a dirección do xulgado de instrución número tres de Betanzos, informa este xoves a Policía Nacional nun comunicado.

A investigación que culminou con este arresto iniciouse a principios do ano en curso cando axentes expertos en ciberpatrullaje detectaron un canle internacional integrado por usuarios de diferentes países cuxo idioma maiormente empregado era castelán. Por esa vía, intercambiaban información sobre armas.

Feitas as oportunas pescudas, subliña a nota, os seus integrantes foron situados en España e Latinoamérica, co matiz de que un dos máis activos residía en Galicia. Era o que se ofrecía a dar consellos e a facilitar documentación.

Logo de localizar a súa localización, o pasado venres efectuáronse dúas entradas e rexistros onde se comprobou a existencia do negocio clandestino no interior da propia vivenda. Tamén que esta actividade ilegal era complementada no seu lugar de traballo, do que non se dan datos, por aproveitar os seus coñecementos técnicos para o ensamblaje.

Dispuña o arrestado, á parte de todo o mencionado, dun armazón e unha corredera, para amalgamar, elaborados en 3D mediante fibra PETG. Ademais, contaba cunha gran cantidade de rollos desa fibra destinados á impresión de novas pezas, ordenadores, planos, documentación, miras telescópicas, e armas airsoft (categoría incluída dentro das de aire comprimido).

Sobre as citadas ballestas, unha era tiragomas de gran potencia e outra unha modificada xunto a un gran número de frechas.

O detido, segundo os investigadores, estaba a completar a fabricación dun subfusil AR9, algo que foi abortado por esta operación.

O proceso de elaboración de armas de forma híbrida (3D conxugando pezas metálicas) implementábase mediante a compra de elementos no comercio online.