Un mozo foi detido en Ourense acusado de inserir arquivos de contido pedófilo nunha coñecida rede social. Segundo informaron este venres fontes da Comisaría de Ourense, a investigación iniciouse a mediados do mes de maio tras unha denuncia sobre a distribución de material pornográfico infantil a través de internet e da rede Twiter.
Os investigadores foron alertados de que unha persoa inserira arquivos de carácter pedófilo en España. Os axentes localizaron entón un total de 105 imaxes e 37 vídeos de contido sexual explícito de menores, polo que procederon a deter ao mozo, de 22 anos, sen antecedentes previos.
A Policía incautouse dos seus equipos informáticos, soportes de datos e dispositivos móbiles, posto que se trata dunha persoa "con coñecementos informáticos", sinalaron, que tras pasar a disposición xudicial foi posta en liberdade.