Dirixentes de Abanca sacan coas súas mans toneladas de residuos do mar

O presidente e o CEO da entidade, Juan Carlos Escotet e Francisco Botas, colaboraron na limpeza de fondos mariños en Arousa
El presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet (izquierda), y el consejero delegado, Francisco Botas (séptimo por la izquierda), en la Illa de Arousa. EFE
photo_camera O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet (esquerda), e o conselleiro delegado, Francisco Botas (sétimo pola esquerda), na Illa de Arousa. EFE

Dedicar un sábado á limpeza dos fondos mariños que abrazan o illote Guidoiro Areoso, na Illa de Arousa, para despois clasificar, pesar e xestionar os residuos non é un plan ao uso, pero si unha tarefa necesaria para o medio ambiente. 

Así o considera polo menos a entidade bancaria Abanca, cuxos presidente e CEO, Juan Carlos Escotet e Francisco Botas, respectivamente, deixaron este sábado as gravatas e os traxes de chaqueta no armario para enfundarse o traxe de faena e embarcarse nunha flota de doce embarcacións que en tres horas de traballo extraeron 1.060 quilos de residuos dos fondos

Redes de pesca con cordas recheas de chumbo, cubos de plástico, ducias de nasas, aboias, aparellos de pesca e un puñado de nécoras, centolas e vieiras atrapadas entre os residuos saíron á superficie durante as aproximadamente tres horas que durou esta actividade impulsada por Abanca, á que bautizou como PLAN-CT-ON, Plan de Conservación Territorial-ON, que enmarca no seu Programa de Sustentabilidade. "Non esperabamos tanto", recoñeceron os executivos da entidade bancaria. 

Xunto a eles molláronse as mans 53 voluntarios da Garda Rural, da Confraría de Pescadores e do Club Subacuático Pérez Sub, 14 deles mergulladores e navajeros, que se mergullaron cunha cámara subacuática en busca de todo aquilo que non pertence aos fondos mariños, e que finalmente foi bastante máis do esperado. 

A actividade de limpeza dos fondos mariños deste sábado é a segunda que organiza Abanca. Na primeira extraéronse 1.700 quilos de residuos. Ademais, ata o momento organizou outras actividades de limpeza en areais, actividade que continuará nos próximos meses.

Comentarios