Dispersan con "salvas ao aire" un botellón con 2.000 mozos en Santiago

Os mozos seguían de festa nas inmediacións dunha coñecida discoteca tras o seu peche, ás 3.00 horas
Tres momentos de los incidentes ante la Discoteca Ruta. M.V - +SALSEO USC
photo_camera Tres momentos de los incidentes ante la Discoteca Ruta. M.V - +SALSEO USC

A noite santiaguesa deixou graves incidentes esta pasada madrugada que derivaron nunha intervención da Policía Local nas inmediacións da discoteca Ruta, onde, ao redor das 3.00, hora de peche do local, se aglomeraron uns 2.000 mozos que querían continuar de festa.

A escena, en pleno Ensanche compostelán, é habitual desde o inicio do curso universitario. Pero este venres a Policía tivo que empregarse a fondo e incluso se viu obrigada, segundo confirmou o concelleiro de seguridade cidadá, Gonzalo Muíños, a lanzar salvas ao para dispersar os mozos, que comezaran a lanzar obxectos aos axentes.

A céntrica discoteca Ruta non foi o único punto da cidade no que se produciron aglomeracións. Tamén se viron imaxes similares no Cantón de San Bieito, onde se sitúa outro coñecido local da noite compostelá. 

O inicio de curso na capital galega, cando o lecer nocturno segue con importantes restricións, xa deixou episodios insólitos nas últimas semanas, como as colas ante, outra vez, a discoteca Ruta, desde primeira hora da mañá para conseguir unha entrada para a noite.

Novo protocolo para o sector
Precisamente este xoves transcendeu a proposta da Xunta para acordar un novo protocolo para o lecer nocturno: os establecementos que aposten por situarse no máximo nivel de compromiso poderán abrir ata as catro da mañá con un aforamento do 75 por cento en interiores. 

O acordo aínda está por terminar, xa que as partes volveranse a reunir o vindeiro luns para que o sector poida expor matizacións a unha proposta da Xunta que esixe aos establecementos co máximo nivel de compromiso que á súa vez esixan aos seus clientes que presenten certificado de vacinación ou PCR negativa antes de acceder ao interior. 

En todo caso, a Xunta solicitará o aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) antes de pór en marcha esta medida acordada. 

Todo iso pode atrasar a súa entrada en vigor, que se esperaba fose para o 1 de outubro, pero fontes do sector, que se manifestan "moderadamente satisfeitos", esperan que estea a funcionar na primeira quincena do próximo mes. 

Comentarios