jueves. 23.09.2021 |
El tiempo
jueves. 23.09.2021
El tiempo

Doce positivos en dous brotes de covid no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

Vista del hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, hospital de referencia de la zona de Ferrol, Eume y Ortegal. KIKO DELGADO (EFE)
Vista do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. KIKO DELGADO (EFE)

A área sanitaria de Ferrol confirmou este luns a detección de dous brotes "distintos" de coronavirus na terceira planta do Hospital Arquitecto Marcide, onde se detectaron doce positivos.

Fontes sanitarias aseguran que un dos focos inclúe tres casos e o restante, os outros nove. A planta afectada está dedicada a especialidades como uroloxía, otorrinolaringoloxía, medicina interna ou cirurxía. A situación "segue en estudo" e levou a realizar "xa máis de 70 probas".

O Sergas apunta que non foi preciso "por agora" o traslado de pacientes que permanecían nesa zona do hospital de Ferrol. "Como medida preventiva limitáronse as visitas ao centro hospitalario temporalmente para minimizar as posibles incidencias", explica. Só se permitirá o acompañamento de pacientes menores de idade e grandes dependentes.

Doce positivos en dous brotes de covid no Hospital Arquitecto...
comentarios
ç