viernes. 27.11.2020 |
El tiempo
viernes. 27.11.2020
El tiempo

Dous accidentes deixan un morto e dous feridos graves

Un home perdeu a vida e outros dous quedaron feridos de gravidade en dous accidentes de tráfico ocorridos este sábado nas estradas galegas. O primeiro deles rexistrouse de madrugada na estrada OU-1201, que une as localidades ourensás de Bande e Muíños, á altura de Barxes, un lugar deste último municipio. Tras unha saída de vía e posterior choque, o condutor e único ocupante do vehículo precisou atención médica pola gravidade das súas feridas.

O outro sinistro produciuse en Vedra, e saldouse coa morte dun home de 74 anos --T.P.A.-- que viaxaba no asento do copiloto, mentres o condutor --J.M.L.C.--, de 77 anos, quedou ferido grave. O coche que ocupaban saíuse da estrada e caeu por un desnivel pronunciado, nas inmediacións da vía do tren. O sinistro tivo lugar no quilómetro 1 da estrada DP-8901, e a caída do vehículo --un Mercedes 190 matrícula C0730BZ-- non provocou interrupcións na circulación viaria, segundo informou a agrupación de Tráfico a Garda Civil da Coruña.

Dous accidentes deixan un morto e dous feridos graves
comentarios