Dous feridos graves nunha colisión entre un turismo e un camión preto de Ribadavia

Dúas persoas resultaron feridas de gravidade nun accidente de circulación, unha colisión dun camión contra un turismo que se atopaba na beiravía, ocorrido esta tarde na autovía A-52, entre os termos ourensáns de Ribadavia e Melón, segundo informaron da Garda Civil de Tráfico e 061.

O suceso ocorreu ás 14:55 horas de hoxe á altura do quilómetro 259, en sentido Benavente.

Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial, un helicóptero e persoal sanitario da PAC de Ribadavia.

As dúas persoas feridas foron trasladadas ao complexo hospitalario de Ourense.

A muller de 46 anos, M.G.C., foi desprazada en helicóptero e atópase en estado "moi grave".

Outra persoa, un home de 30 anos, con iniciais D.D.R., foi trasladado en estado "grave" nunha ambulancia asistencial.

Comentarios