Dous feridos graves nunha colisión frontal en Lugo

El siniestro provocó retenciones en la N-VI. (El Progreso/Sebas Senande)
photo_camera El siniestro provocó retenciones en la N-VI. (El Progreso/Sebas Senande)

Unha colisión frontal entre dous vehículos e que deixa dous feridos graves provocou longas retencións na estrada Nacional VI ao seu paso pola cidade de Lugo, dado que os bombeiros tiveron que excarcelar aos ocupantes de ambos os dous vehículos, que quedaron atrapados a causa do impacto no amasillo de ferros.

O accidente produciuse no quilómetro 512 da estrada Nacional VI, moi preto da incorporación á vía desde o centro comercial situado na zona das Saamasas. Por causas que aínda se descoñecen dous coches chocaron frontalmente.

Comentarios