Dous imputados por causar un incendio ao bordo da AP-9 en Padrón cunha queima neglixente

A Policía autonómica imputou dúas persoas como presuntas autoras dun incendio forestal por mor dunha queima neglixente ao bordo da Autoestrada do Atlántico en Padrón.

A Xunta informou de que o lume se produciu o pasado día 6 en terreos contiguos á AP-9 e resultaron afectados 40.000 metros cadrados, dos que dous mil corresponden a monte arboledo e 38.00, a raso.

Todo apunta a que o lume foi causado durante uns labores de limpeza forestal que non contaron coas necesarias medidas de seguridade. Na actual campaña de incendios, foron detidas 70 persoas pola Policía autonómica en relación con incendios nos montes.

Comentarios