sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

Dous traballadores quedan feridos as obras do AVE e no Porto de Vigo

O condutor dunha formigoneira tivo que se atendido a madrugada do mércores en Vedra, tras sufrir unha caída mentres traballaba nas obras do AVE.

Segundo informou o Servizo de Urxencias 112, o incidente produciuse nas obras do túnel de Caldelas, na parroquia de Ponte Ulla. Ao parecer, un particular avisou ao 112 de que o operario habia caído desde a formigoneira e, aínda que non estaba atrapado, necesitaba asistencia médica.

Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil, o Grumir de Boqueixón e unha ambulancia do 061 que, tras examinar ao accidentado e comprobar que as súas feridas a priori non revestían gravidade, trasladárono a un centro médico.

Caída no Porto de Vigo
Ademais, o tripulante dun remolcador resultou ferido a madrugada do mércores no peirao comercial de descarga de pedra do Porto de Vigo.

Segundo informaron desde o 112, foi un particular quen deu o aviso de que o home, duns 56 anos de idade, caera por unhas escaleiras no interior dun remolcador, e de que non respondía a estímulos.

Ao lugar do accidente acudiron a Policía Nacional, a Autoridade Portuaria e unha ambulancia do 061 para atender ao ferido.

Outro accidente laboral en Sarria
Un home de 46 anos resultou ferido, aparentemente de carácter leve, nun accidente laboral que se produciu en Sarria, no inmoble número 1 da rúa Ameneizas, ao envorcar a carretilla elevadora coa que estaba a traballar nun restaurante da localidade, segundo informou a central de coordinación de urxencias do 112.

Ata o lugar do accidente trasladouse unha ambulancia asistencial de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como efectivos da Policía Local de Sarria.

Logo dunha primeira valoración e asistencia no lugar do accidente, o 061 trasladou ao ferido ao centro de saúde de Sarria. Fontes do propio servizo de Urxencias confirmaron que o traballador estaba consciente e tiña un traumatismo nun pé cando foi evacuado.

Dous traballadores quedan feridos as obras do AVE e no Porto de Vigo
comentarios