Os EE UU extraditan a 'Makelele', que ingresa en prisión polo dobre atropelo de Vigo en 2008

Os Estados Unidos extraditaron a Jorge Luis S.M., coñecido como Makelele, e hoxe mesmo ingresará en prisión por un dobre atropelo cometido en Vigo en 2008 e polo que foi condenado por un xulgado desa cidade en 2009 a tres anos e nove meses, informou hoxe o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O Alto Tribunal galego recorda que o xulgado do penal número un de Vigo, que o condenou polo dobre atropelo, ditara unha orde de busca e captura internacional e que o ano pasado recibiu confirmación dos Estados Unidos de que o mozo atopábase alí, polo que solicitou a súa extradición.

A pasada semana o xulgado recibiu comunicación de que os Estados Unidos ían extraditar a Jorge Luis S.M. e finalmente hoxe chegou a Madrid, onde foi posto a disposición do xulgado número 14, de garda.

O xulgado de Vigo enviou un exhorto ao de Madrid para comunicar o ingreso en prisión de Makelele, que se fará efectivo hoxe, segundo indica o TSXG nun comunicado.

Comentarios