Cinco recomendacións para a noite de San Xoán

O 061 pide extremar a precaución ante a inxesta de alcol, a condución e o lume
El 061 recuerda que el año pasado fueron atendidas más de 50 personas en la noche de San Juan
photo_camera El 061 recuerda que el año pasado fueron atendidas más de 50 personas en la noche de San Juan

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 aconsella ter precaución na noite de San Xoán ante a inxesta de alcol, a condución e o lume das fogueiras para evitar incidentes.


Recordan desde o 061 que cada ano os accidentes de tráfico, as queimaduras e as intoxicacións etílicas constitúen a causa principal das chamadas de demanda de asistencia sanitaria. En total atendéronse sete urxencias por queimaduras en 2014, houbo oito atendidos en sete accidentes de tráfico e 41 galegos que sufriron intoxicacións etílicas ou por drogas.

1. Por iso consideran que o primeiro é elixir o sitio onde facer as fogueiras, que non deben ser lugares pechados nin próximos a cables de alta tensión.

2. No caso de que se produzan queimaduras desde o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) recomendan botar auga doce, non pór cremas nin pomadas e envolver ao afectado cunha saba limpa se as feridas son extensas.

3. No caso de que se prenda a roupa non hai que correr senón botarse ao chan e cubrir a cara coas mans mentres outra persoa cobre o lume cunha peza forte.

Se a situación non é controlable recomendan chamar ao 112 desde calquera teléfono móbil, que funcionan incluso bloqueados para contactar con urxencias.

4. Os ecoloxistas de Adega solicitan, ademais, non prexudicar o medio ambiente coa celebración e para iso recomendan evitar praias e dunas, en especial en litorais protexidos ou de alto valor ecolóxico.

5. Cren fundamental acoutar os espazos das celebracións e reducir o volume de residuos, ademais de depositalos en instalacións destinados para eles. 

Comentarios