O concello da Coruña busca ao dono dunha Primitiva premiada

O Concello da Coruña iniciou un expediente de achado para buscar ao gañador dun billete da Primitiva premiado con 4,7 millóns de euros e que non foi reclamado no último ano.

O billete foi selado en xuño do pasado ano na administración número 44 da Coruña, situada no centro comercial Carrefour de Afonso Molina.

O dono do despacho de loterías puxo o feito en coñecemento da Sociedade Estatal de Loterías, que custodia agora o billete á espera de atopar ao seu lexítimo dono.

Para iso, o Concello iniciou un expediente de achado amparado no artigo 615 do Código Penal.

Os datos para localizar ao dono do billete están publicados na web municipal, o taboleiro de anuncios e tamén o estará no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

"Debo ser o único alcalde de España que busca a un millonario para darlle diñeiro no canto de pedirllo", ironizou o alcalde da Coruña, Carlos Negreira.

Comentarios