O BNG denuncia o peche do centro de saúde de Beiramar, en Vigo

O BNG rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia sobre os motivos da Xunta para pechar o centro de saúde de Beiramar, en Vigo, e non comezar as obras de construción do de Bouzas.

A iniciativa foi presentada hoxe durante unha concentración ante as portas do centro de saúde de Beiramar na que os asistentes interromperon o tráfico na avenida homónima durante uns 20 minutos, aproximadamente, informaron fontes da CIG.

A deputada do BNG Carme Adán advertiu de que este peche implicará o desprazamento de moitos "pacientes", nalgúns casos desde Bouzas ata Rosalía de Castro, e enmarcouno na "política sanitaria do PP", centrada no "desmantelamento" do sistema público.

Adán, acompañada por outros cargos do BNG como a deputada Olaia Fernández Davila ou a portavoz local, Iolanda Veloso, fixo fincapé en que o PP levou o límite" a área sanitaria viguesa, que sofre "os recortes e a privatización dunha forma salvaxe" e padece as maiores listas de espera de Galicia.

Comentarios