O BNG envía chourizos a cargos do PP

O BNG remitiu onte por mensaxería varios paquetes con chourizos aos dirixentes populares Xosé Manuel Barreiro, Xosé Manuel Balseiro e Elena Candia, e aos presidentes da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, e do Goberno, Mariano Rajoy, coa intención de denunciar as dúbidas existentes sobre a contabilidade do PP, segundo indicaron fontes nacionalistas.

O BNG pide así ao PP lucense que aclare o estado das súas contas porque nestas hai notas que, din, aparecen "nos papeis de Bárcenas e ou propio xuíz Ruz as está a investigar". Os nacionalistas insiste en que as contas do PP galego están baixo sospeita porque foron xestionadas durante anos por Pablo Crespo. Neste sentido, Ana Ermida, responsable comarcal da formación na Mariña, explicou que entre as preseuntas irregularidades do grupo popular atoparíase a contrata das obras do Porto de Ribadeo ou da N-642 ao seu paso por Foz, dúas obras que segundo o BNG foron adxudicadas á construtora Hispanitas -que agora aparecería na relación de presuntas doazóns ilegais de diñeiro en negro incluídas na contabilidade de Luís Bárcenas- tras un proceso de adxudicación que os nacionalistas cualifican de pouco "claro". 

Ermida insistiu en que Xosé Manuel Barreiro non pode desentenderse porque no momento no que se fixeron as adxudicacións era conselleiro de Medio Ambiente. 

Pola súa banda, o Partido Popular difundiu un comunicado para falar dunha «trama de traballadores liberados ao servizo do BNG» que recibía un salario como persoal adscrito á área da Deputación, referíndose a Xoán Antón Estúa, Xesús Méndez, Emilio López e Ricardo Rodicio. Os populares critican que a pesar de haberse corrixido a situación laboral destes traballadores o erro emendouse ''con dous anos de atraso''..

Comentarios