miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

O BNG propón que a CIAF sexa un órgano desligado de Fomento

O BNG propón que a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) sexa un órgano independente, desligado de Fomento, tras a súa análise sobre o accidente do Alvia en Santiago que responsabiliza ao maquinista do sinistro e "feito a medida do Ministerio", asegura.

A deputada nacionalista galega Rosana Pérez defenderá o martes esta proposición non de lei no Congreso porque considera "de especial importancia modificar o nomeamento dos membros da CIAF, actualmente todos ligados ao Ministerio de Fomento". Sobre todo, alega nun comunicado, "logo de coñecer a análise do CIAF sobre o accidente de Angrois e a súa conclusión, que responsabiliza e culpa do sinistro en exclusiva ao maquinista"."O informe da CIAF é reduccionista, simplista e claramente partidista porque segue a folla de ruta marcada polo Ministerio desde os días posteriores ao accidente", sostén a deputada, e "un ano máis tarde estamos ante un informe que culpa en solitario ao maquinista dunha das maiores catástrofes ferroviarias da historia".

Ao seu xuízo, esta conclusión "obvia" estudos que "pon en cuestión as deficiencias na seguridade ferroviaria do tramo Santiago-Ourense" e menciona que o documento entregado pola CIAF ao xuíz contén nove recomendacións, entre elas sinalizar na vía as reducións de velocidade e implantar balizas, precisa, o que "denota un recoñecemento explícito de carencias en seguridade".

O BNG avoga pola creación dunha comisión de investigación parlamentaria "máis necesaria que nunca" pois, ás portas do primeiro aniversario desta traxedia, "parecese que o informe da CIAF está feito para tratar de pechar en falso o esclarecemento dos feitos" pola súa ''falta de independencia".

O instrutor da causa aberta tras o accidente de tren rexistrado o 24 de xullo de 2013, o maxistrado Luis Aláez, seguiu desde o primeiro momento unha liña de investigación que apunta a unha causa múltiple e non unicamente ao descoido do maquinista imputado, Francisco José Garzón Amo, que non reduciu a velocidade na curva de Angrois.

O BNG propón que a CIAF sexa un órgano desligado de Fomento
comentarios
ç