O campus de Lugo, obrigado a readmitir un profesor tras ser declarado nulo o seu despedimento

A sala do Social da Coruña do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nulo o despedimento do profesor da USC José Francisco García Rodeja, cuxa relación laboral co Campus de Lugo prolóngase desde 1981 ata 2012, cando a Universidade lle comunicou que prescindía dos seus servizos, e ordena a súa "reinserción inmediata".

García Rodeja asinou un contrato coa USC que no que figuraba como colaborador do departamento de Xeoloxía do Campus de Lugo para prestar servizos como profesor encargado, asinando un contrato temporal que se iría renovando ata o pasado 2012, cando a Universidade procedeu a un despedimento declarado agora irregular e polo que non recibiu indemnización algunha.
 
Por esta razón a USC defendía a súa relación laboral co docente como "unha contratación administrativa", con todo, a defensa de García Rodeja, dirixida polo despacho de avogados LOSA, demandou ante os Xulgados dos social a existencia dunha relación laboral prolongada de caracter indefinido que corresponde a máis de 30 anos de docencia na institución, algo que finalmente recoñecido polo xuíz.

Comentarios