O chalé de Laureano Oubiña en Vilagarcía sairá a poxa en xuño

Está valorado en 366.000 euros. Foi embargado en 2014 tras a condena ao narcotraficante por branqueo de capitais
Chalé de Laureano Oubiña en A Laxe (Vilagarcía), abandonado desde hace años
photo_camera Chalé de Laureano Oubiña en A Laxe (Vilagarcía), abandonado desde hace años

O chalé que o narcotraficante arousán Laureano Oubiña ten na Laxe (Vilagarcía) sairá a poxa o próximo mes de xuño. O Plan Nacional sobre Drogas anunciou a convocatoria da poxa de 22 propiedades embargadas a narcos, entre elas o casarón do cambadés, que recentemente logrou a liberdade condicional.

O seu chalé da Laxe foi un dos bens que foron cedidos ao PNSD despois de que en 2014 a Audiencia Nacional llo embargase tras condenalo por branqueo de capitais. O valor do casarón é de 366.000 euros e o diñeiro recadado irá destinado a programas contra a drogodependencia. Tamén sairán a poxa outras propiedades de narcos en Meaño, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova.

AS PROPIEDADES DE OUBIÑA. Esta non é a primeira propiedade de Oubiña que sae en poxa. Condes de Albarei fíxose en 2008 co Pazo de Baión. 

Desde hai meses as fillas de Laureano Oubiña, Esther e Laura Oubiña Lago, pretenden recuperalo e para iso presentaron un recurso na Sala Civil do Tribunal Supremo contra o embargo. Reclaman que a súa nai, falecida en accidente de tráfico en 2001, era a depositaria da maioría das accións da propiedade.

Comentarios