O conselleiro de Sanidade agradece a "xenerosidade" de Amancio Ortega

Almuíña recordou que o programa de apoio ao sistema de saúde pública do dono de Inditex comezou en Galicia
El conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña
photo_camera El conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, agradeceu este venres a "implicación" e a "xenerosidade" da Fundación Amancio Ortega co sistema sanitario.

Na súa intervención no Fórum Europa-Tribuna Galicia, celebrado no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, o titular do departamento de saúde pública da Xunta referiuse á doazón, por parte da Fundación Amancio Ortega, de 320 millóns de euros a hospitais españois para modernizar os seus aparellos para tratamentos oncolóxicos.

Almuíña indicou que este programa de apoio ao sistema de saúde pública comezou en Galicia e agradeceu dita achega, que non estivo exenta de críticas por quen a entenden como "caridade", como o propio conselleiro dixo, aínda que opinou que se debe á "implicación e xenerosidade da Fundación Amancio Ortega".

Comentarios