O Goberno aproba 1,13 millones para reparar danos nas concas do Miño e do Sil

Estas actuacións corrixirán os danos ocasionados polos temporais de choiva, neve e vento rexistrados en xaneiro e febreiro

O Consello de Ministros aprobou este venres unha partida de 1.135.000 euros para obras de urxencia polos danos provocados polos temporais nas concas do Miño e do Sil, nas provincias de Lugo, Ourense e León en xaneiro e febreiro deste ano.

O Goberno informou de que estas actuacións corrixirán os danos ocasionados polos temporais de choiva, neve e vento rexistrados os pasados meses de xaneiro e febreiro.

Aquelas circunstancias provocaron inundacións e desbordamentos, o que motivou a situación de alerta en diversos niveis, así como a activación dos correspondentes plans territoriais ou especiais de Protección Civil nos territorios afectados.

Comentarios