O Gordo da Primitiva deixa 60.000 euros en Vilalba

O sorteo do Gordo da Primitiva celebrado onte -domingo, 3 de novembro- deixou un boleto de segunda categoría premiado con 60.659 euros na localidade lucense de Vilalba, segundo informou a Delegación Comercial de Loterías e Apostas do Estado en Lugo.

Unha vez realizado o escrutinio, comprobouse que tres boletos obtiveron premio nesta categoría, un deles vendido na Administración número 1 de Vilalba, Loterías Alcázar, situada no número 17 da Rúa da Pravia e rexentada por Daniel Formoso Vérez.

Trátase dun resgardo de dúas apostas automáticas, polo que o seu propietario pagou tres euros. Agora cobrará, unha vez aplicado o "gravame especial para este tipo de premios", un total de 49.027 euros. 

É o segundo premio en menos dunha semana que deixan os sorteos de lotería na provincia de Lugo. Parte do primeiro premio da Lotería do Xoves deixou máis de 30.000 euros nunha administración de Viveiro.

Comentarios