Manuel Vázquez, nomeado novo xefe superior de Policía en Galicia

É licenciado en ciencias da comunicación e desde 2012 estivo á fronte da Udef. Foi o comisario da Gürtel
Manuel Vázquez, nuevo jefe superior de la Policía en Galicia
photo_camera Manuel Vázquez, nuevo jefe superior de la Policía en Galicia

O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, asinou este mércores  o nomeamento o comisario Manuel Vázquez, ata agora xefe da Unidade de Central de Delincuencia Económica e Fiscal (Udef), como xefe superior da Policía Nacional en Galicia. Segundo informa o Ministerio do Interior, Fernández Díaz tamén nomeou a José Javier Cuasante, ata agora comisario de Alacante, novo xefe superior de Policía na Comunidade Valenciana.

Manuel Vázquez, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, é comisario principal desde 2012, cando asumiu o posto de máximo responsable da Unidade Central de Delincuencia Económica e Fiscal da Comisaría Xeral de Policía Xudicial. Antes estivo destinado na Xefatura Superior de Policía de Cataluña e na Comisaría Xeral de Información entre 1975 e 1997.

Tras o seu ascenso a comisario foi nomeado Xefe da Brigada Operativa de San Sebastián e posteriormente ocupou diferentes postos na Xefatura Superior de Policía de Madrid, estando á fronte da Brigada de Investigación Tecnolóxica da Comisaría Xeral de Policía Xudicial entre febreiro de 2007 e xullo de 2012. Foi o encargado de levar a cabo a investigación da trama Gürtel. 

Pola súa banda, Cuasante pertence á XXXIX Promoción da Academia Xeral Militar (1979) e á I Promoción de Oficiais do Corpo de Policía Nacional (1984). é comisario principal desde 2014 e deixará a Comisaría de Alacante para ocupar o seu novo cargo. 

Desde 1984, José Javier Cuasante ocupou diversos postos de responsabilidade en Asturias, Granollers, Barcelona e na Xefatura Superior de Policía de Murcia, ata o seu ascenso á categoría de comisario no ano 1999. Entón foi nomeado xefe da Comisaría de Lorca (Murcia) e posteriormente da comisaría alacantina de Elxe.

Comentarios