O xuíz autoriza a Feiraco adquirir a planta de Clesa

O xuíz do Mercantil número 6 de Madrid, Francisco Javier Vaquer, admitiu a trámite o informe dos administradores concursais para a venda a Feiraco da planta de Clesa en Caldas de Reis e asinará nas próximas horas a autorización, informaron a EFE fontes implicadas na negociación.

Os administradores emitiron un informe indicando que a oferta presentada por Feiraco, de 10.200.000 euros para adquirir a planta de Clesa, é baixa, pero é a única recibida, polo que aconsellaron a venda.

Ao mesmo tempo suxiren que se faga publicidade da operación por se estivese interesada algunha outra firma, e incluso propoñen que se faga en tres medios de tirada nacional e un de Galicia, segundo as mesmas fontes.

A presidenta do comité de empresa, Lola Ramos, afirmou hoxe que os traballadores desexan "que se termine este culebrón sen sentido" e engadiu: "ata penso que o xuíz tamén o desexa".

Lola Ramos recoñece que "estamos na recta final, dun día a outro chegará a resolución e acabarase este sufrimento".

Feiraco tenia previsto quedar con todo o persoal e incluso aumentala, pero, segundo o informe, de momento empezarán a traballar uns corenta traballadores.

En 2014 espérase recuperar a normalidade, incluso aumentala coa elaboración de natillas e iogures de froitas que actualmente se fabrican na planta de Madrid.

Comentarios