O xuíz ditará un auto que declara firme a venda de Clesa a Feiraco

O xuíz do Mercantil número 6 de Madrid, Francisco Javier Vaquer, ditará un auto que declara firme a venda da planta de Clesa en Caldas de Reis a Feiraco e rexeita o recurso da Seguridade Social pola débeda contraída, informaron fontes xurídicas.
 
O pago desa débeda paralizou a venda a Feiraco, que se nega a asumir uns gastos que non xerou.
 
"É unha cousa de sentido común, é difícil de entender que se poida paralizar a venda. Confiamos en que Feiraco teña a paciencia de esperar e o xuíz tome a decisión canto antes", sinalou a presidenta do comité de empresa na factoría de Caldas, Dolores Ramos.
 
O pasado venres, o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rei, declarara que os traballadores da planta galega estaban "preocupados" porque a operación de venda a Feiraco estaba "atada e resolta" e que a situación xurídica non a paralizaba, pero era necesario "clarificar a situación".
 
O xuíz Vaquer resolveu a venda de Clesa a Feiraco por un montante de 10,2 millóns de euros.

Comentarios