miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

O Parlamento galego, a favor do fin do embargo de Estados Unidos a Cuba

El cónsul de Cuba en Galicia, José Antonio Solana, y el secretario general de Emigración de la Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, en la tribuna de invitados del Parlamento
El cónsul de Cuba en Galicia, José Antonio Solana, y el secretario general de Emigración de la Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, en la tribuna de invitados del Parlamento
A Onu aprobou recentemente unha resolución que indica a "necesidade" de acabar co bloqueo, co voto favorable de 191 países e só dous en contra: EE UU e Israel

O Parlamento galego celebrou este mércores a prosecución de relacións diplomáticas entre Estados Unidos (EE UU)  e a República de Cuba e mostrou a favor do levantamento do embargo.

Nunha declaración institucional lida polo presidente da Cámara galega, Miguel Santalices, o Parlamento recorda que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou recentemente a resolución titulada Necesidade de pór fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por Estados Unidos de América contra Cuba con 191 países a favor e dous en contra: Estados Unidos e Israel.

"Esta é unha expresión contundente de que todos os gobernos e pobos do mundo solicítanlle que se levante o embargo a este país e Galicia quere mostrar tamén así o seu compromiso e proximidade polos vínculos fraternais que nos unen co pobo de Cuba", indica a resolución do Parlamento galego.

Os deputados galegos indican que os últimos acontecementos políticos, coa visita do presidente de Estados Unidos a Cuba, deixan "espazo para a esperanza no camiño de conseguir un mundo libre de guerras, no que a paz, a fraternidad, a solidariedade e a liberdade rexan a relación entre os pobos".

Durante a lectura da declaración institucional o cónsul de Cuba en Galicia, José Antonio Solana, estivo na tribuna de invitados xunto co secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda.

O Parlamento galego, a favor do fin do embargo de Estados Unidos a...
comentarios
ç