A xuíza autoriza a reparación das vías

O persoal de Adif, Renfe e Comboios non achega novidades á instrución da traxedia do Porriño

A Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios mantén "todas as hipóteses posibles" e confirma que había comprobacións "rutineiras" o día do sinistro
Después del accidente, los servicios de emergencia recataban a los heridos, que en parte fueron asistidos en la estación
photo_camera Después del accidente, los servicios de emergencia recataban a los heridos, que en parte fueron asistidos en la estación

Os testemuños solicitados este martes pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (Ciaf) sobre o descarrilamento do tren Celta o 9 de setembro no Porriño serviron para ratificar algunhas das informacións xa coñecidas. Nas entrevistas realizadas a traballadores de Adif, Renfe e Comboios non se revelaron datos sorprendentes, "nin contradicións nin cousas estrañas", segundo trasladaron dous dos integrantes deste organismo. En total interrogaron a seis persoas —dous delas traballadores de Comboios de Portugal—, entre as que figuraron o responsable do Centro de Mando de Ourense, o xefe e un compañeiro do maquinista (un cidadán luso que faleceu no sinistro) e operarios de mantemento de Adif.

Aínda que non transcendeu o contido desas entrevistas (que tiveron lugar desde primeira hora da mañá deste martes nun edificio anexo á estación viguesa de Guixar), os técnicos da Ciaf confirmaron que non atoparon "nada sorprendente" neses testemuños. "Todo foi na liña do que xa sabemos e investigamos", apuntaron, e aseveraron que ningunha testemuña desvelou "nada que chame atención especialmente" e que o que relataron estivo "dentro de normalidade tendo en conta a situación tan triste", en alusión aos catro falecidos e 49 feridos no accidente.


O convoi debía ir a un máximo de 30 quilómetros por hora, pero a caixa negra desvelou que a súa velocidade era de 118 no momento de descarrilar


En todo caso, precisaron que a investigación está nunha fase "moi temperá", a de solicitar toda a información posible, e que todos eses datos, tanto os obtidos nas inspeccións do tren e a vía, como os achegados polas persoas entrevistadas este martes, serán "analizados e contrastados". "Estamos na fase de recompilar datos. Entrevistamos a varias persoas e agora analizaremos os seus testemuños e sacaremos información que nos sexa útil para a nosa investigación", sinalaron.

Os investigadores da Ciaf indicaron que, entre a información que manexan están cuestións relacionadas coas infraestruturas, a sinalización, o estado do convoi e, tras as entrevistas deste martes, "o que viron" os traballadores que, dunha forma ou outra, están relacionados co que pasou o día do accidente. Acerca da complexidade da investigación, sinalaron que, dado que aínda se están solicitando datos, mantéñense "todas as hipóteses posibles" acerca das causas do descarrilamento. "Nunca se sabe o que se pode atopar, é cuestión de ir amodo e non descartar ningunha hipótese", indicaron, e insistiron en que "é pronto" para precisar máis.

Así mesmo, apuntaron que, en caso de ser necesario, volverían convocar a estes ou outras testemuñas, ou a reclamar a información que consideren oportuna para elaborar o seu informe. Precisamente, a preguntas dos medios sobre cando podería estar listo o estudo, aínda que sexa de forma preliminar, apuntaron que "é difícil" sabelo porque, aínda que a súa intención é que sexa "canto antes", tamén deben facelo "con tranquilidade" e "o mellor posible".

O que si confirmaron os técnicos da Ciaf é que o tren sinistrado circulaba por unha vía desviada e que "houbera un problema" o día anterior nesa parte do trazado. De feito, o convoi debía ir a un máximo de 30 quilómetros por hora precisamente por ese desvío, pero a caixa negra desvelou que a súa velocidade era de 118 quilómetros por hora no momento de descarrilar. Con todo, os investigadores matizaron que a incidencia detectada era unha "situación habitual" e que se estaban realizando comprobacións que son "case rutineiras".

Comentarios