O PP apraza a renovación do Consello de Contas e o nomeamento de Besteiro

Confírmase a ruptura do pacto PP-PSOE, avanzada xa o venres. O líder dos socialistas galegos terá que esperar para tomar a remuda de Paula Fernández como senadora por designación autonómica

O Parlamento galego, cos votos do PP, aprazou este luns o pleno extraordinario que ía nomear ao líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, senador por designación autonómica en substitución de Paula Fernández.

Ademais, os votos do PP serviron tamén para aprazar, xa nun pleno ordinario, a renovación de tres prazas vacantes no Consello de Contas.

Deste xeito, cumpriuse a ruptura do pacto, avanzada o pasado venres, que existía entre PP e PSdeG para estes nomeamentos.

Comentarios