O PP denuncia que un estudo sitúa a Lugo ''á cola'' en transparencia

O grupo municipal do Partido Popular lamentou que no segundo estudo presentado pola Universidade Rei Juan Carlos para valorar a transparencia dos concellos españois con máis de 50.000 habitantes, o de Lugo "ocupe o posto 109 dun total de 144 municipios" sometidos a exame.

A edila Raquel Castiñeira informou aos medios de comunicación de que Lugo se sitúa "á cola" porque "suspende na aplicación da Lei da Transparencia, ao obter 2,05 puntos sobre un total 5 posibles", con datos "moi negativos" como "un 1,62 sobre 5 en información económica, orzamentaria e estatística".

Raquel Castiñeira destacou que "a análise independente dos expertos volve pór de manifesto que a transparencia do Concello de Lugo non é nin a que debese" nin tampouco "da que presume continuamente o seu alcalde", José López Orozco (PSdeG-PSOE).

Comentarios