O PP di que o Estado pode bloquear o concurso eólico

O Partido Popular cre que o Goberno central podería deixar sen efecto a maior parte do concurso eólico da Xunta, xa que os novos parques que asignará suporán que Galicia supere en 1.900 megawatts de potencia o obxectivo de enerxía eólica que o Ministerio de Industria marcou para 2016.

Ángel Bernardo Tahoces, portavoz de Industria e Enerxía do grupo da oposición, supón que non é bo adiantar e superar as metas fixadas para as enerxías renovables . Explica que o obxectivo do Estado para 2016 é de 29.000 megawatts, pero todos os parques eólicos previstos polas comunidades suman 40.968, polo que, para facer efectivas as do Goberno central, as Comunidades deberán recortar as súas.

Tahoces explica que a potencia real instalada que asigna o Goberno central para Galicia para o ano 2016 limítase a 4.600 megawatts, 1.900 por baixo dos que a Xunta pretende conseguir co concurso eólico próximo a resolver.

O concurso eólico que asignará concesións para xerar 2.325 novos megawatts de potencia eléctrica,  e Galicia ten xa instalados 4.078, megawatts. Polo que, "de axustarse á programación estatal para os sectores do gas e da electricidade, a Xunta tería pendentes de adxudicar só 522 megawatts, a cuarta parte dos convocados no concurso".

Comentarios